24/08/2019


Noticias de guion

Taller de guion "El oficio de escribir para cine y televisión" en gallego


 

Convoca: Caixanova

Fechas: del 1 de marzo al 3 de mayo de 2006

TALLER DE GUION. O OFICIO DE ESCRIBIR PARA CINE E TELEVISIÓN


VIGO: do 1 de marzo ao 3 de maio no Centro Social Caixanova

Caixanova pon en marcha esta iniciativa no Centro Social Caixanova. Este curso quere ser unha introducción xeral, teórica e práctica, ao oficio de guionista.

Trataremos de coñecer en qué consiste contar historias en soportes audiovisuais e cales son os aspectos técnicos da escritura de guions. Buscamos que os futuros guionistas coñezan os fundamentos deste traballo e os instrumentos para lograr os propósitos de tódolos contadores de historias: interesar, emocionar, explicar, entreter … O espírito do curso busca a participación activa dos alumnos.

E, por suposto, a súa creatividade, a súa vocación de imaxinar e escribir. Por esta razón, presentase un curso cun importante contido práctico.

Luns e mércores de 17 a 20 horas durante oito semanas, desde o 1 de marzo ao 3 de maio no Centro Social Caixanova. O taller dispón de 20 prazas.

O obxectivo do taller será que os alumnos comprendan o proceso creativo; coñezan as técnicas dos guionistas; identifiquen e cren historias interesantes e comecen a escribir un guion.

O curso está dirixido a persoas con coñecementos básicos do medio audiovisual; alumnos e licenciados en ciencias da comunicación, xornalismo, filoloxías, humanidades, etc. Traballadores do sector audiovisual que busquen mellorar o seu coñecemento do traballo do guionista ou iniciarse no oficio.

A matrícula é de 400 euros e farase unha selección previa entre as persoas interesadas. Para inscribirse, é necesario enviar un pequeno currículo e unha nota breve na que se conte por qué che gustaría asistir. É necesario poñer o correo electrónico ou teléfono. O prazo de entrega é ata o 22 de febreiro a través de:

• Sucursais Caixanova

(indicando Taller de guion- Obra Social)

• Fax: 986 120 099

• E-mail: obrasocial@caixanova.com

Para más información:

http://www.caixanova.com/

http://Detalles/

18/02/2006 12:15:06

También te puede interesar:

Te recomendamos leer:

Si te ha sido útil la noticia y deseas compartirla con más personas puedes hacerlo desde aquí, pulsando los botones.